

Reciben o nome de ONG aquelas entidades privadas que non dependen dos gobernos e que, en principio, son independentes dos Estados e dos partidos políticos.
A miúdo están integradas por sociedades, empresas, centros de investigación,etc..., aínda que tamén poden ser asociacións de cidadáns que teñeñ algunha motivación para actuar en común.
As primeiras xurdiron nos anos cincuenta do século XX, durante o proceso de descolonización, como mecanismo de axuda aos territorios que accedían á independencia.Pero a súa grande expansión produciuse a partir da reunión de Estocolmo en 1990, cando se uniron para reivindicar o 0,7% dos orzamentos de cada país, para a axuda aos paises pobres.
Francia foi o primeiro Estado en aceptar esta contribución e, posteriormente, fóronse unindo outros paises, como Alemania e Italia.
Moitas ONGs convertéronse en poderosas organizacións especializadas:
Hainas que se dedican a promover accións humanitarias, realizando labores de prevención ou actuacións directas, en caso de emerxencia ante conflitos bélicos, fames negras, ou catástrofes naturais.Destacan Cruz Vermella, Intermón-Oxfam, Médicos sen fronteiras,,,
Outras ONGs promoven os dereitos humanos e denuncian os lugares onde non son respectados.Amnistía Internacional pertence a este tipo de organizacións.
Tamén existen ONGs cuxa finalidade é a protección da natureza e a denuncia da destrución do medio natural. Greenpeace e WWF (Wordl Wild Fund) son as máis coñecidas internacionalmente.
O noso cole mantén unha colaboración estreita e longa con algunhas como con Entreculturas, con Sandra como cabeza visible, e tamén con Ayuda en Acción que tan presente estivo neste curso.Rocío e Manuel Santamariña de 3º quixeron afondar nas ONGs ,,,,