El ágora en la antigua Grecia era el punto de encuentro de los ciudadanos donde conversaban, discutían...
jueves, 26 de junio de 2014
miércoles, 25 de junio de 2014
A AUGA E OS OBXECTIVOS DO MILENIO
O deterioro dos recursos hídricos do planeta é unha realidade: a sobreexplotación de ríos e de acuíferos provoca a perda de ecosistemas e tamén graves conflitos entre estados.
No golfo de Bengala as tronzas indiscriminadas, as inundacións e a sobreexplotación alteran o ecosistema do rio Ganges...
Estados Unidos acusa a México de contaminar o río Grande perxudicando ós agricultores de Texas..
No Senegal, a intención do goberno de derivar auga do río Senegal con fins agrícolas é rexeitada por Mauritania, e o problema tamén afecta a Mali.
Sofiá e Laura de 3º afondaron na temática da auga e....Consideras que o problema da auga lle afecta ao mundo entero
O CINE NA AULA DE CIENCIAS SOCIAIS
O cine non é só un medio de comunicación sino tamén unha motivadora ferramenta pedagóxica:
•Promove o desenvolvemento de habilidades sociais
•Predispón á reflexión, a análise e o xuízo crítico
•Impulsa a crear e transmitir actitudes e valores socioculturais
Na aula de Ciencias Sociais o cine axuda non só a abordar os contidos curriculares senón tamén a conseguir o fortalecemento de determinadas actitudes, así como a potenciación de valores que son elementos básicos para a formación dos mozos e para que poidan afrontar con maiores posibilidades de éxito moitos dos problemas que ten a sociedade actual
PÁXINAS WEB SOBRE RECURSOS DE CINE
http://www.auladecine.com/recursos.html http://edukazine.blogspot.com/2009/06/fichas-didacticas-ii-ciclo-cine-y.html http://www.uhu.es/cine.educacion/ http://www.aplicaciones.info/utiles/utilesp.htm http://www.religion.profes.net/educacion_valor2.asp?id_categoria=315&catrecurso=12118&cat=Taller+de+cine http://edukazine.blogspot.com/ http://www.educarchile.cl/Portal.Base/Web/verContenido.aspx?ID=195460 http://www.edualter.org/material/cinemad/index.htm http://clasedr.wordpress.com/2008/03/09/recursos-aula/
PÁXINAS WEB SOBRE RECURSOS DE CINE
http://www.auladecine.com/recursos.html http://edukazine.blogspot.com/2009/06/fichas-didacticas-ii-ciclo-cine-y.html http://www.uhu.es/cine.educacion/ http://www.aplicaciones.info/utiles/utilesp.htm http://www.religion.profes.net/educacion_valor2.asp?id_categoria=315&catrecurso=12118&cat=Taller+de+cine http://edukazine.blogspot.com/ http://www.educarchile.cl/Portal.Base/Web/verContenido.aspx?ID=195460 http://www.edualter.org/material/cinemad/index.htm http://clasedr.wordpress.com/2008/03/09/recursos-aula/
AS ONGs COMO REDES INTERNACIONAIS E A SÚA EVOLUCIÓN
Etiquetas:
Amnistía Internacional,
Ayuda en Acción,
Cruz Vermella,
Entreculturas,
Greenpeace,
Intermón-Oxfam,
Médicos sen Fronteiras,
ONG,
Rede Centros Escolares Solidarios,
WWF
ODM 7: SOSTENIBILIDADE E MEDIO AMBIENTE EN 1º DE ESO
Dúas rapazas de 1º de ESO Tania e Laura, moi concienciadas co medio ambiente aportan uns traballos moi orixinais que incluímos en Cooperación Galega: O mundo que queremos.Vos si que tedes competencia dixital! Ánimo e a seguir traballando.
TRANSFORMACIÓNS E DESEQUILIBRIOS NO MUNDO ACTUAL
Os alumnos de 3º de ESO teñen traballado arreo para rematar as tarefas que tiñamos programadas para este último trimestre con Cooperación Galega: O mundo que queremos.Os traballos abordan temas de candente actualidade que van dende a relación entre a natureza e a sociedade ata os movementos migratorios, a globalización, a desigualdade, o desenvolvemento sostible, a xestión dos residuos, a auga....A vista dos resultados dende logo, mereceu a pena.
domingo, 22 de junio de 2014
A HISTORIA CON NOME DE MULLER
Ao longo da historia a maioría das mulleres non gozaron dos mesmos dereitos que os homes pero a partires da Revolución Francesa esa situación comezou a cambiar. Olympe de Gouges en Francia, Victoria Kent en España, Teresa de Calcuta e Ana Ferrer na India e Carmen Parrado en Perú son as elexidas polo alumnado de 4ºde ESO para que coñezamos como loitaron, e aínda loitan, en prol da igualdade e dos seus dereitos.Non os perdades a entrevista a Carmen Parrado feita por María Fraga e Silvia López V
Etiquetas:
Ana Ferrer,
Carmen Parrado,
cooperación,
dereitos das mulleres,
Olympe de Gouges,
Perú,
sufragismo,
Teresa de Calcuta,
Victoria Kent
A ARQUITECTURA POPULAR NA NOSA CONTORNA: SOMOS PAISAXE SOMOS VIDA (PLAN PROXECTA)
Xa rematadas as clases e despois duns días de auténtica loucura imos colgar os vosos traballos para o proxecto Somos paisaxe somos vida sobre a arquitectura popular nos concellos de Irixoa, Monfero, Aranga ,Miño, Sobrado dos Monxes....Moitas grazas a todos polo voso interés pero creo que o esforzo valeu a pena. Un recoñecemento especial para os alumnos de 4,º sobre todo para Adrián e Iago na montaxe e para Martín na redación. Este catálogo de arquitectura popular e anónima da nosa contorna e só o inicio porque podémolo continuar dende agora mesmo facendo ese labor de búsqueda e investigación para coñecer e descubrir outras construcións relixiosas ou civís, con calquera función, que forman parte da nosa paisaxe e da nosa vida. Adrián Allegue de 4º, sempre tivo unha especial sensibilidade para detectar as intervencións desafortunadas nalgunhas construcións que nos rodean e dende 1º de ESO confecciona un arquivo sobre O Feísmo na nosa paisaxe. O obxectivo é ensinar a ver e educar a mirada, facela atenta para comprender, interpretar e ordear a realidade logrando a comprensión da diversidade e a sensibilización cara o medioambiente comprindo unha función de ponte entre as ciencias fisicas e as sociais Queda moitísimo por facer ....Continuará!.Estamos orgullosos da nosa paisaxe..... Non esquezades levar sempre a cámara. Noraboa a todos!
r a
Etiquetas:
Aranga,
Arquitectura popular,
Feísmo,
Irixoa,
Miño,
Monfero,
Plan Proxecta,
Rehabilitación,
Sobrado dos Monxes,
Somos paisaxe somos vida
jueves, 13 de marzo de 2014
miércoles, 12 de marzo de 2014
VISITA A BETANZOS DO ALUMNADO DE ED SECUNDARIA
Publicado neste blog o diario da nosa viaxe a Betanzos, realizado por Silvia de 4º de ESO,hoxe engadimos a presentación feita por Adrián de 1º, todo un exemplo do seu interés e esforzo.
lunes, 10 de marzo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



