miércoles, 25 de junio de 2014

A AUGA E OS OBXECTIVOS DO MILENIO

O deterioro dos recursos hídricos do planeta é unha realidade: a sobreexplotación de ríos e de acuíferos provoca a perda de ecosistemas e tamén graves conflitos entre estados. No golfo de Bengala as tronzas indiscriminadas, as inundacións e a sobreexplotación alteran o ecosistema do rio Ganges... Estados Unidos acusa a México de contaminar o río Grande perxudicando ós agricultores de Texas.. No Senegal, a intención do goberno de derivar auga do río Senegal con fins agrícolas é rexeitada por Mauritania, e o problema tamén afecta a Mali. Sofiá e Laura de 3º afondaron na temática da auga e....Consideras que o problema da auga lle afecta ao mundo entero

O CINE NA AULA DE CIENCIAS SOCIAIS

O cine non é só un medio de comunicación sino tamén unha motivadora ferramenta pedagóxica: •Promove o desenvolvemento de habilidades sociais •Predispón á reflexión, a análise e o xuízo crítico •Impulsa a crear e transmitir actitudes e valores socioculturais Na aula de Ciencias Sociais o cine axuda non só a abordar os contidos curriculares senón tamén a conseguir o fortalecemento de determinadas actitudes, así como a potenciación de valores que son elementos básicos para a formación dos mozos e para que poidan afrontar con maiores posibilidades de éxito moitos dos problemas que ten a sociedade actual
 PÁXINAS WEB SOBRE RECURSOS DE CINE

 http://www.auladecine.com/recursos.html http://edukazine.blogspot.com/2009/06/fichas-didacticas-ii-ciclo-cine-y.html http://www.uhu.es/cine.educacion/ http://www.aplicaciones.info/utiles/utilesp.htm http://www.religion.profes.net/educacion_valor2.asp?id_categoria=315&catrecurso=12118&cat=Taller+de+cine http://edukazine.blogspot.com/ http://www.educarchile.cl/Portal.Base/Web/verContenido.aspx?ID=195460 http://www.edualter.org/material/cinemad/index.htm http://clasedr.wordpress.com/2008/03/09/recursos-aula/

AS ONGs COMO REDES INTERNACIONAIS E A SÚA EVOLUCIÓN



Reciben o nome de ONG aquelas entidades privadas que non dependen dos gobernos e que, en principio, son independentes dos Estados e dos partidos políticos. A miúdo están integradas por sociedades, empresas, centros de investigación,etc..., aínda que tamén poden ser asociacións de cidadáns que teñeñ algunha motivación para actuar en común. As primeiras xurdiron nos anos cincuenta do século XX, durante o proceso de descolonización, como mecanismo de axuda aos territorios que accedían á independencia.Pero a súa grande expansión produciuse a partir da reunión de Estocolmo en 1990, cando se uniron para reivindicar o 0,7% dos orzamentos de cada país, para a axuda aos paises pobres. Francia foi o primeiro Estado en aceptar esta contribución e, posteriormente, fóronse unindo outros paises, como Alemania e Italia. Moitas ONGs convertéronse en poderosas organizacións especializadas: Hainas que se dedican a promover accións humanitarias, realizando labores de prevención ou actuacións directas, en caso de emerxencia ante conflitos bélicos, fames negras, ou catástrofes naturais.Destacan Cruz Vermella, Intermón-Oxfam, Médicos sen fronteiras,,, Outras ONGs promoven os dereitos humanos e denuncian os lugares onde non son respectados.Amnistía Internacional pertence a este tipo de organizacións. Tamén existen ONGs cuxa finalidade é a protección da natureza e a denuncia da destrución do medio natural. Greenpeace e WWF (Wordl Wild Fund) son as máis coñecidas internacionalmente. O noso cole mantén unha colaboración estreita e longa con algunhas como con Entreculturas, con Sandra como cabeza visible, e tamén con Ayuda en Acción que tan presente estivo neste curso.Rocío e Manuel Santamariña de 3º quixeron afondar nas ONGs ,,,,

ODM 7: SOSTENIBILIDADE E MEDIO AMBIENTE EN 1º DE ESO

Dúas rapazas de 1º de ESO Tania e Laura, moi concienciadas co medio ambiente aportan uns traballos moi orixinais que incluímos en Cooperación Galega: O mundo que queremos.Vos si que tedes competencia dixital! Ánimo e a seguir traballando.

TRANSFORMACIÓNS E DESEQUILIBRIOS NO MUNDO ACTUAL

Os alumnos de 3º de ESO teñen traballado arreo para rematar as tarefas que tiñamos programadas para este  último trimestre con Cooperación Galega: O mundo que queremos.Os traballos abordan temas de candente actualidade que van dende  a relación entre a natureza e a sociedade ata os movementos migratorios, a globalización, a desigualdade, o desenvolvemento sostible, a xestión dos residuos, a auga....A vista dos resultados dende logo, mereceu a pena.

MEMORIA CCSS COOPERACIÓN GALEGA: O MUNDO QUE QUEREMOS

domingo, 22 de junio de 2014

A HISTORIA CON NOME DE MULLER

Ao longo da historia a maioría das mulleres non gozaron dos mesmos dereitos que os homes pero a partires da Revolución Francesa esa situación comezou a cambiar. Olympe de Gouges en Francia, Victoria Kent en España, Teresa de Calcuta e Ana Ferrer na India e Carmen Parrado en Perú son as elexidas polo alumnado de 4ºde ESO para que coñezamos como loitaron, e aínda loitan, en prol da igualdade e dos seus dereitos.Non os perdades a entrevista a Carmen Parrado feita por María Fraga e Silvia López V

A ARQUITECTURA POPULAR NA NOSA CONTORNA: SOMOS PAISAXE SOMOS VIDA (PLAN PROXECTA)


Xa rematadas as clases e despois duns días de auténtica loucura imos colgar os vosos traballos para o proxecto Somos paisaxe somos vida sobre a arquitectura popular nos concellos de Irixoa, Monfero, Aranga ,Miño, Sobrado dos Monxes....Moitas grazas a todos polo voso interés pero creo que o esforzo valeu a pena. Un recoñecemento especial para os alumnos de 4,º sobre todo para Adrián e Iago na montaxe e para Martín na redación. Este catálogo de arquitectura popular e anónima da nosa contorna e só o inicio porque podémolo continuar dende agora mesmo facendo ese labor de búsqueda e investigación para coñecer e descubrir outras construcións relixiosas ou civís, con calquera función, que forman parte da nosa paisaxe e da nosa vida. Adrián Allegue de 4º, sempre tivo unha especial sensibilidade para detectar as intervencións desafortunadas nalgunhas construcións que nos rodean e dende 1º de ESO confecciona un arquivo sobre O Feísmo na nosa paisaxe. O obxectivo é ensinar a ver e educar a mirada, facela atenta para comprender, interpretar e ordear a realidade logrando a comprensión da diversidade e a sensibilización cara o medioambiente comprindo unha función de ponte entre as ciencias fisicas e as sociais Queda moitísimo por facer ....Continuará!.Estamos orgullosos da nosa paisaxe..... Non esquezades levar sempre a cámara. Noraboa a todos!
 r a